Pobo iupik de Alasca central | |
---|---|
Home iupik de Alasca, 1929. | |
Poboación | |
Poboación total: 34 000 | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | (Alasca) |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua iupik de Alasca central e inglés |
Relixión | cristianismo, xamanismo |
Grupos relacionados | Pobo iupik de Siberia, alutiiq, naukan, inupiaq, inuit e aleutiano |
Os iupik de Alasca central, tamén chamados polo seu nome ancestral yup'ik, son un pobo indíxena esquimó que habita no oeste e suroeste de Alasca. É un dos catro pobos iupik que habitan en Alasca e Siberia, estreitamente relacionados cos alutiiq, cos iupik de Siberia da Illa St. Lawrence e cos naukan de Rusia. A súa lingua chámase yup'ik. Do total de 34 000 persoas deste pobo, arredor de 10 000 falan a lingua.[1]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search